Normas do sitio

Normas para o uso de ProZ.com

As seguintes normas foron creadas para garantir e protexer a atmósfera agradable e eficiente da zona de traballo de ProZ.com. Ó usar este sitio, vostede indica que acepta estas normas e accede a cumprilas.


Norma do sitio

1 ProZ.com é un lugar de traballo relacionado coas linguas.
O sitio constitúe un recurso profesional para aqueles que traballan con linguas ou que requiren servizos lingüísticos. En principio non están permitidas as publicacións non relacionadas coa tradución, a interpretación ou outros aspectos lingüísticos, ou ben co sector correspondente. [ Para máis detalles e posibles excepcións, consulte a Definición do eido ]
2 Espérase dos usuarios unha actitude de respecto mutuo, profesionalidade e observación das regras.
Os usuarios do sitio deberán tratarse entre eles con cortesía, sexa en público ou mediante contacto directo, e recoméndaselles actuar asumindo boa fe. Non se tolerará o acoso, os ataques ou afirmacións ad hominem sobre individuos ou grupos en calquera das súas formas, nin disuadir a outro de empregar o sitio. Non se tolerará ningunha acción encamiñada a obter beneficios de forma inxusta en KudoZ, no directorio ou noutra parte, sexa en solitario ou en grupo.
3 Está prohibida a publicidade.
A publicidade pagada está dispoñible por parte de ProZ.com nas seccións designadas do sitio: Non se permite a publicidade non autorizada enviada a través de foros, mensaxes do perfil ou noutros sitios. Tamén está prohibida a discusión sobre sitios da competencia que ofrezan servizos similares, debido a abusos que se deron con anterioridade.
4 Non se permite a linguaxe ofensiva.
5 Non debe abusarse das maiúsculas.
Utilice letras minúsculas excepto cando se requira o uso de maiúsculas. Publicar en letras maiúsculas é análogo a berrar.
6 O engano e o fraude están prohibidos.
É posible utilizar ProZ.com sen revelar o seu nome. Non obstante, non se tolerará a suplantación doutros, o uso de identidades ficticias ou calquera outra tentativa de enganar a outros en calquera medida.
7 Permítese un só perfil por persoa.
Está prohibido crear un novo perfil para evitar as restricións ou para obter vantaxes. (Non obstante, é aceptable ter un perfil para si mesmo e outro perfil para a súa empresa.)
8 Os comentarios sobre as medidas administrativas tomadas polos moderadores deben facerse soamente a través do sistema de asistencia en liña do sitio.
As medidas administrativas inclúen accións para o cumprimento das regras nos foros e en KudoZ, advertencias ou restricións nas publicacións ou noutros dereitos, axustes editoriais dos títulos dos temas, o peche de determinados fíos dos foros, a selección de temas que figurarán na páxina de inicio, etc. Para máis aclaracións, consulte estas preguntas frecuentes.

A adherencia ás normas anteriormente indicadas é unha condición indispensable para o dereito ó acceso e uso continuado do sitio.

Aplicación

O persoal e os moderadores do sitio poden emprender algunha das seguintes accións para aplicar as anteriores normas:
* contactar cos usuarios do sitio para sinalarlles normas específicas
* absterse de aprobar (ou eliminar/ocultar) publicacións que violen unha norma
* facer que apareza unha mensaxe sobre as normas para certos usuarios cando realizan certas accións
* suspender temporal ou permanentemente o acceso a utilidades do sitio que foron empregadas con violación das normas.
* cancelación do perfil ou da subscrición (soamente o persoal)

Os moderadores e os membros do persoal deberán actuar de acordo con, e estar protexidos porl as normas do sitio exactamente igual có resto dos membros.

Cancelación

En casos infrecuentes de infracción severa, o persoal de ProZ.com poderá cancelar un perfil (e subscrición) con efecto inmediato. Nembargantes, na meirande parte dos casos, ProZ.com emprega unha política de "tarxeta amarela/tarxeta vermella", semellante á práctica de tarxeta amarela e tarxeta vermella no deporte do fútbol, para as cancelacións.

As tarxetas amarelas e vermellas son emitidas soamente por membros do persoal. As normas cítanse por número e a data da tarxeta é rexistrada. Empréganse explicitamente os termos "tarxeta amarela" e "tarxeta vermella"; se se envía un correo electrónico, os termos aparecen no asunto.

Un usuario do sitio que recibiu unha tarxeta amarela pode seguir empregando o sitio (ás veces con certas restriccións), pero está notificado de que infraccións posteriores terán como resultado a cancelación. Unha persoa con perfil cancelado non será readmitida en ProZ.com.

Os contratistas esán suxeitos á Política de cancelación do sitio.

Aclaración

Para aclaracións sobre calquera das normas ou a súa aplicación, por favor, envíe unha solicitude de asistencia.

Request help


Site Documentation


The member services and support team
Jared

Jared

Lucia

Lucia

Alejandro

Alejandro

Helen

Helen

Yana

Yana

Maria D

Maria D

Karen

Karen

Enrique Manzo

Enrique Manzo

Tatiana Dietrich

Tatiana Dietrich

Your current localization setting

Galician

Select a language

All of ProZ.com
  • All of ProZ.com
  • Procura de termos
  • Traballos
  • Foros
  • Multiple search