Requisitos para autónomos





As 3 partes explicadas


01 Capacidade de tradución

Desenvolveuse un proceso de filtrado dacordo coas directrices establecidas na norma EN 15038 de calidade da tradución. Para tradutores, empréganse varios medios para confirmar as "competencias" requeridas pola EN 15038, incluindo a verificación das credenciais obtidas polos solicitantes a través de asociacións arredor do mundo, tales coma a American Translator Association (EE.UU.) ou o Chartered Institute of Linguists (Reino Unido). (Mostras de tradución, críticas por parte de colegas ou clientes e outros datos poden ser considerados no proceso de revisión, especialmente para pares de linguas e áreas nos que non é posible acceder a credenciais mediante exame.)

02 Fiabilidade no negocio

O segundo requisito para a admisión no programa é a fiabilidade no negocio. Isto avalíase por medio da combinación de opinións de colegas, de clientes e consideracións de datos relevantes dispoñibles na base de datos de ProZ.com. No caso das axencias, considerarase o seu rexistro histórico coma suministrador e contratista de servizos. Unha vez admitidos ó programa, os participantes deben manter bos rexistros para permanecer nel.

03 Condición de bo cidadán

O terceiro requisito para a admisión no programa é a condición de "bo cidadán". Os participantes deberán respaldar e actuar de xeito acorde coas directrices profesionais de ProZ.com, deberán aceptar os termos e condicións da participación no programa, e deberán contribuir ó mantemento do programa conservando un bo nivel coma membros, en termos de tarifas de membro, datos de perfil, e respecto das normas e regras do sitio e do programa.



Extracto da norma EN 15038 de calidade na industria da tradución

3.2.2 Competencias profesionais dos tradutores

Os tradutores terán cando menos as seguintes competencias.

  1. Competencia en tradución
  2. Competencia lingüística e textual tanto na lingua de orixe coma na de destino
  3. Competencia en investigación, adquisición e procesado da información
  4. Competencia cultural
  5. Competencia técnica


As competencias arriba mencionadas serán adquiridas a través dun ou máis dos seguintes medios:

  • educación superior formal en tradución (grao recoñecido);
  • cualificación equivalente noutra materia e un mínimo de dous anos de experiencia documentada en tradución;
  • un mínimo de cinco anos de experiencia profesional documentada en tradución.


Note: ProZ.com professional membership is required for admittance into the Certified PRO Network for freelance translators and ProZ.com business membership is required for businesses; beyond that, there is no additional charge for participation.

Your PRO status
Aínda non enviado


En cifras

O cribado para a rede é agora continuo. Ata agora hai:

4611

Autónomos ProZ.com Certified PRO


O que comenta a xente

I hope to have the opportunity of getting to know, and perhaps of working together with many of you soon.

I feel really privileged to be part of this interesting program and I look forward to participating in some of the forthcoming initiatives.
Marcela Sari (X)

There is great interest for this.