PROZ.COM COVID-19 RESOURCE CENTER
Access Covid-19 jobs, answer relevant terminology questions, read industry news and more.

Normas do sitio

Normas para o uso de ProZ.com

As seguintes normas foron creadas para garantir e protexer a atmósfera agradable e eficiente da zona de traballo de ProZ.com. Ó usar este sitio, vostede indica que acepta estas normas e accede a cumprilas.


Norma do sitio

1 Os foros de ProZ.com póñense a disposición dos usuarios soamente para discusións dentro do eido de ProZ.com.
Entre os temas de discusión válidos inclúense as linguas e os servizos lingüísticos (tradución, interpretación, localización, subtitulado, etc.) e aspectos técnicos e de negocio que sexan de especial interese para o traballo dos profesionais das linguas. Non están permitidas as publicacións non relacionadas coas linguas ou a tradución ou co sector das linguas ou da tradución. As publicacións de natureza política, relixiosa ou controvertida de calquera xeito, ou que poidan ser considerados ofensivos por outros usuarios, serán eliminados independentemente das opinións expresadas. [ Para máis detalles, consulte a Definición do eido ]
2 Os autores das publicacións deberán escribir títulos detallados e publicar no foro máis axeitado.
Dado que os foros de ProZ.com son moi activos, é preciso ser coidadoso para garantir a utilidade deste recurso. Os títulos das publicacións deberán ser tan descritivos do contido da publicación como sexa posible, cando sexa posible, resumindo no título o tema principal da publicación. (Teña en conta que, para garantir a claridade e organización dos arquivos, os moderadores teñen autoridade para editar os títulos das publicacións e mover os temas dun foro a outro. Os moderadores non poden modificar o contido dunha publicación nos foros.)
3 Non debe publicarse a mesma entrada máis dunha vez.
Non publique o mesmo tema múltiples veces ou en múltiples foros.
4 As respostas non deben afastarse do tema publicado.
Cando responda a un tema, restrínxase ao tema tal e como se presenta. Para cambiar o tema de discusión é preciso abrir un novo tema.
5 Non se permite especular sobre as opinións doutros sen autorización.
Non está permitido facer comentarios sobre as opinións doutros sen autorización ("Xiana parece opinar que...").
6 Cando un tema foi pechado, non pode retomarse a discusión.
Non deben retomarse as discusións contidas en fíos que fosen pechados ou ocultados polos membros do persoal ou polos moderadores de ProZ.com. As publicacións feitas dentro dos devanditos fíos non poden editarse unha vez que un tema foi pechado.
7 Debe usarse a lingua designada para o foro.
Para cada foro defínese unha lingua de traballo, que debe usarse na medida do posible nas publicacións. Cando non se especifique outra cousa, o inglés é a lingua de traballo.
8 Non pode falarse de contratistas de maneira específica.
Non se permiten publicacións ou comentarios sobre un contratista determinado (identificado por nome, referencia, ligazón ou outros medios), sexan positivos ou negativos. (Para indicar a probabilidade de volver traballar de novo cun contratista determinado, os usuarios deberán usar o Blue Board de ProZ.com.)
9 É responsabilidade do autor da publicación respectar os dereitos de autor.
Está prohibido o uso de copias non autorizadas de material (con dereitos de autor, marca rexistrada ou outro tipo de protección). Só poden utilizarse extractos e ligazóns a artigos, agás no caso de que se obteña permiso por parte da editorial. No devandito caso, a publicación debe indicar claramente que se obtivo dito permiso.
10 Non facer interpretacións legais.
Non se deben facer nos foros interpretacións legais ou cuestionar legalmente as políticas e as opcións de ProZ.com, senón que deberán enviarse por escrito á sede central de ProZ.com.
11 Use as seccións especialmente dedicadas do sitio.
Non deben usarse os foros para temas para os que hai seccións especialmente dedicadas no sitio. [ Pode atopar unha lista das seccións dedicadas do sitio aquí ]
12 Non debe comentarse nos foros o proceso de selección para a rede Certified PRO.
Para manter a integridade do proceso de selección para a rede Certified PRO, non deben comentarse nos foros os detalles específicos do proceso. Non deben comentarse nos foros detalles relativos á experiencia persoal de cada un no proceso de selección para a rede Certified PRO, incluídos os motivos recibidos para a aceptación ou rexeitamento da súa solicitude. As preguntas deben enviarse a través dunha solicitude de asistencia.
13 Anunciar eventos non relacionados con ProZ.com a través dos foros só está permitido no foro de "Eventos da industria das linguas".
Pode publicarse un anuncio por evento, sexa no foro de Anuncios de eventos da industria das linguas ou a través do Servizo de novas de tradución. Non están permitidos anuncios adicionais (p.ex. "recordatorios", "último aviso"). Os eventos non deben anunciarse noutras seccións do sitio. Permítese unha excepción para foros en linguas distintas do inglés ou para foros específicos de países; pode publicarse un anuncio unha vez nun foro nun idioma que non é inglés ou nun foro específico dun país (non ademais de, senón en troques dunha publicación no foro de Eventos e anuncios ou no de Novas de tradución).

A adherencia ás normas anteriormente indicadas é unha condición indispensable para o dereito ó acceso e uso continuado do sitio.

Aplicación

O persoal e os moderadores do sitio poden emprender algunha das seguintes accións para aplicar as anteriores normas:
* contactar cos usuarios do sitio para sinalarlles normas específicas
* absterse de aprobar (ou eliminar/ocultar) publicacións que violen unha norma
* facer que apareza unha mensaxe sobre as normas para certos usuarios cando realizan certas accións
* suspender temporal ou permanentemente o acceso a utilidades do sitio que foron empregadas con violación das normas.
* cancelación do perfil ou da subscrición (soamente o persoal)

Os moderadores e os membros do persoal deberán actuar de acordo con, e estar protexidos porl as normas do sitio exactamente igual có resto dos membros.

Cancelación

En casos infrecuentes de infracción severa, o persoal de ProZ.com poderá cancelar un perfil (e subscrición) con efecto inmediato. Nembargantes, na meirande parte dos casos, ProZ.com emprega unha política de "tarxeta amarela/tarxeta vermella", semellante á práctica de tarxeta amarela e tarxeta vermella no deporte do fútbol, para as cancelacións.

As tarxetas amarelas e vermellas son emitidas soamente por membros do persoal. As normas cítanse por número e a data da tarxeta é rexistrada. Empréganse explicitamente os termos "tarxeta amarela" e "tarxeta vermella"; se se envía un correo electrónico, os termos aparecen no asunto.

Un usuario do sitio que recibiu unha tarxeta amarela pode seguir empregando o sitio (ás veces con certas restriccións), pero está notificado de que infraccións posteriores terán como resultado a cancelación. Unha persoa con perfil cancelado non será readmitida en ProZ.com.

Os contratistas esán suxeitos á Política de cancelación do sitio.

Aclaración

Para aclaracións sobre calquera das normas ou a súa aplicación, por favor, envíe unha solicitude de asistencia.

Request help


Site Documentation


The member services and support team
Jared

Jared

Lucia

Lucia

Alejandro

Alejandro

Helen

Helen

Yana

Yana

Maria D

Maria D

Karen

Karen

Enrique Manzo

Enrique Manzo

Evelio

Evelio

Julieta

Julieta

Mariano

Mariano

Hayjor Roca

Hayjor Roca

Andrea

Andrea

Rocio Tempore

Rocio Tempore

Rocio Palacios

Rocio Palacios

Ezequiel

Ezequiel

Your current localization setting

Galician

Select a language

All of ProZ.com
  • All of ProZ.com
  • Procura de termos
  • Traballos
  • Foros
  • Multiple search